CAPÍTULO 6: EN PONTEVEDRA, A FESTA TEN NOME DE POETA

Imagen: Diario de Pontevedra

Este é o quinta capítulo da reportaxe sobre a historia mariñeira da cidade de Pontevedra realizada por PonteArte, a quen recomendamos seguir, se non o facías xa, nas súas canles de redes sociais:

Twitter: @pontearte
Facebook: @poontearte
Instagram: @poontearte

EN PONTEVEDRA, A FESTA TEN NOME DE POETA

Cando pensamos na rúa Paio Gómez Charino, automáticamente, éntrannos ganas de sair a pasalo ben cós nosos amigos. E é que en Pontevedra a festa leva nome de poeta. Bo, de poeta e almirante, xa que Paio foi protagonista de grandes fazañas e aventuras.

No Convento de San Francisco está sorterrado o trovador pontevedrés Paio Gómez Charino, quen da nome a rúa que hoxe é centro da movida nocturna da Boa Vila. Ademais do seu destacado papel nas letras, dende moi novo iniciou carreira na armada galega. Foi I Adelantado Mayor de Galicia y V Almirante Mayor de la Mar.

Especialmente notable foi a súa participación na toma de Sevilla, en 1248. Dirixiu as naves de combate que sairon de Pontevedra tripuladas por mariñeiros da Moureira para apoiar ó almirante Ramón Bonifaz.

Imaxinade a capacidade e prestixio do estaleiro pontevedrés ó encargárselle a construción da maior frota de aqueles tempos, a escadra naval para a Reconquista de Sevilla por real encargo de Fernando III.

A misión consistiu en derrubar a ponte de barcas (onde hoxe está a Ponte de Triana) que estaban amarradas con fortes cadeas. Este viaducto era clave para o envío de suministros á cidade de Sevilla, cós que os invasores se fortalecían. Foron vintesete os barcos pontevedreses que loitaron e conquistaron Triana para liberar á capital andaluza do dominio musulmán.

A participación dos nosos mariñeiros foi imprescindible para conseguir a victoria final. Por iso, se conta como unha grande xesta pola que Paio sería homenaxeado. O rei Fernando III ‘O Santo’ agradeceu o grande coraxe de Pontevedra con moitos e importantes privilexios.

Gómez Charino axudou a costear a construcción do convento de San Francisco. Existen documentos que acreditan o pago de noventa e cinco reais anuais, por dereitos de sepultura e o Padroado da capela da Adoración dos Santos Reis.

O seu sartego de granito data de en torno a 1304. Aparece representado coma un noble xacente e armado. A súa cabeza aparece apoiada sobre almoadóns e a súa perna dereita está dobrada pola rodilla e cruzada sobre a esquerda.

Lamentablemente, a perna dereita está rota; pois falta o pé, a súa espada atópase partida e os animais que completan o conxunto están moi deteriorados. Ao seu lado está a sepultura da súa muller: dona María Giráldez de Maldonado.

No lateral esquerdo da tumba, con carácteres góticos, pode lerse a inscrición: “AQVI IAZE EL MUI NOBLE CAVALLERO PAYO GUOMEZ CHARINO EL PRIMERO SEÑOR DE RIANJO QUE GUANDO SEUVILLA SIENDO DE MOROS Y LOS PRIULEGIOS DESTA UILLA AÑO DE” (1304, era a data que contiña).

Sen embargo, a data está errada. Paio morreu na Dehesa de Ciudad Rodrigo en 1295. Foi unha traición. Asasinouno o seu sobriño, tamén pontevedrés, Roi Pérez de Tenorio, dunha una puñalada polas costas.

Por certo, que o impoñente sartego foi retratado polo célebre debuxante Celio Pizarro y Librado. Trátase dun debuxo sobre papel de calco que data de 1853 e que se conserva no Museo Nacioal do Prado.

Paio legounos coma poeta 28 cantigas, dezanove de amor, seis de amigo e tres de escarnio. Podedes escoitar aquí a composición «As ffroles do meu amigo”, interpretada por Paulina Ceremużyńska, do grupo Performers. 👇

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.