CAPÍTULO 4: ERA COLÓN PONTEVEDRÉS?

Foto: Faro de Vigo / Rafa Vázquez

Este é o cuarto capítulo da reportaxe sobre a historia mariñeira da cidade de Pontevedra realizada por PonteArte, a quen recomendamos seguir, se non o facías xa, nas súas canles de redes sociais:

Twitter: @pontearte
Facebook: @poontearte
Instagram: @poontearte

ERA COLÓN PONTEVEDRÉS?

Era Colón pontevedrés? xenovés? portugués? Para excepticos e fanáticos, estas son as pistas do Colón galego👇

Cando dicimos que Pontevedra é berce de navegantes, referímonos ós mariños máis atrevidos; a aqueles que foron quen de asombrar ó mundo. Algúns pola importancia histórica dos seús éxitos, é o caso de Cristobal Colón.

En primeiro lugar, temos a Fray Martín Sarmiento, quen nunca fixo afirmación algunha que non fora resultado dos estudos máis concienciudos. O Pai Sarmiento chegou a afirmar con precisión que “la nao La Gallega se construyó en Pontevedra y fue dedicada a Santa María La Grande, parroquia de los marineros de aquellos lugares.”.

Na Praza do Peirao existe unha escultura na que pode lerse: “Hace más de medio milenio en esta ribera del Lérez se construyó la carabela Santa María la Gallega, sobre la que Cristóbal Colón, almirante de Pontevedra, cambió el destino del mundo. 1993”.

Precisamente, o historiador pontevedrés Celso García de la Riega, máximo expoñente da teoría do Colón galego, titularía o seu primeiro libro “La Gallega, Nao Capitana De Colón», en 1897.

Tan só un ano despois, o 20 de decembro de 1898, o historiador removeu para sempre os cimentos da historia tradional coa súa conferencia na Sociedad Geográfica de Madrid. Defendeu a existencia de probas irrefutables sobre o berce galego de Colón.

O pontevedrés expuso que Juan de la Cosa, quen fora copropietario do buque Santa María xunto a outros mareantes de Pontevedra, arrendoulla a Colón. E refrendou esta hipótese cun aforamento que o Mosteiro de Poio fixo a favor de Juan de Colón e a súa esposa Constanza.

Seguiu investigando e descubriu un contrato polo que se fletaba un navío Santa María en Pontevedra e aparecen coma testemuñas mareantes pontevedreses cós memos nomes e apelidos dos tripulantes das carabelas do primerio viaxe. Demasiada coincidencia, non?

Pero hai moito máis. Na igrexía de Santa María existe unha inscripción no primero altar, entrando pola porta sur, que dí: “Los do cerco de Juan Nieto e Juan de Colón freceron esta capilla”. É dicir, que o altar foi levantado pola familia Colón.

Se vos fixades ben, podedes apreciar un oco na parede, porque falta un ele. Colón escribíase entón como Collón e isto o fai aparecer unha palabra malsoante en galego. Por iso, se dí que arrincaron a ele, evitando proferir tacos durante os rezos.

A presenza de Colón na Basílica de Santa María tamén se fai patente na súa fachada plateresca. Durante moito tempo consideráronse os bustos preto do rosetón como a representación da faciana do propio Cristobal Colón e do conquistador Hernán Cortés.

Outros historiadores apuntan a orixe galega da toponimía que Colón empregou nos seus descubrimentos. A primera illa a que chegou o 12 de outubro bautizoóuna coma San Salvador, coincidindo con San Salvador de Poio, suposta patria do almirante. Coma este, hai máis de 100 topónimas das Rías Baixas que teñen o seu equivalente no Caribe.

O idioma segue dándonos que pensar. Na Casa Museo de Colón, en Poio, consérvase unha carta fechada en 1504 donde aparece termos galegos coma agora, fame, sede, noite ou forno. Ademáis, a única festa que Colón permitiu durante a travesía foi en honor a patroa de Pontevedra, a Virxe da O.

Pero as teorías de de la Riega foron cuestionadas por un sacerdote galego, Eladio Oviedo y Arce, quen acusou a Celso de falsificar os documentos. Estalou a polémica e, en 1917, a Deputación de Pontevedra solicitou que a Real Academia da Historia estudase a documentación e emitise un ditame definitivo.

A teoría foi rexeitada contundentemente polo órgano académico, o seu fallo en contra emitíuse o 7 de xuño de 1928, cando xa se cumprían 14 anos da morte de de la Riega. Certo é que non había nada que as avalase, pero tampoco había nada que verificara a procedencia italiana do navegante, por exemplo.

Os defensores de Celso nunha dudaron sobre a veracidade da súa documentación. E o tempo concedéulles a razón. Foi no 2013 cando o Instituto del Patrimonio Cultural de España certificou a autenticidade dos documentos. Reforzóusem entón, a idea de que en Pontevedra houbo un clan Colón. De feito, é a única zona onde púidose constatar a existencia deste apelido no século XV.

Sen embargo, os académicos non constantan se esta familia Colón foi, ou non, a do descubridor de América. As teorías do Colón galego van dende os autores que o sitúan nunha procedencia humilde e vinculada a unha familia de comerciantes de Poio, ás doutros historiadores como Rodrigo Cota ou Alfonso Philippot que abren a posibilidade de que Colón fora en realidade Pedro Alvárez de Soutomaior, coñecido como Pedro Madruga e o dono do Castelo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.