CAPÍTULO 5: OS IRMÁNS NODAL DERON A COÑECER O ESTREITO DE MAGALLANES

Imagen: Biblioteca Nacional de España

Este é o quinta capítulo da reportaxe sobre a historia mariñeira da cidade de Pontevedra realizada por PonteArte, a quen recomendamos seguir, se non o facías xa, nas súas canles de redes sociais:

Twitter: @pontearte
Facebook: @poontearte
Instagram: @poontearte

OS IRMÁNS NODAL DERON A COÑECER O ESTREITO DE MAGALLANES

Sabíades que foron dous irmáns pontevedreses os que cartografíaron e deron a coñocer con exactitude o novo estreito de Magallanes? Gonzalo e Bartolomé García del Nodal teñen unha rúa en Pontevedra, concretamente no barrio da Moureira, en recordo da súa importantísima misión científica.

Gonzalo Nodal naceu no ano 1569 e o seu irmán, Bartolomé, en 1575, no arrabal mariñeiro da Moureira. Foron fillos de Amaro de Montemeán, alcumado “O Vello”, que estivo vínculado ó prestixioso Gremio de Mareantes. A actividade mariñeira hexemónica de Pontevedra traducíuse nun alto nivel socioeconómico, o que motivaba a moitos mozos a vincular a súa vida có mar.

Foi o caso destes dous intrépidos irmáns que se embarcaron no 1590, cando tiñan 19 e 12 anos, como mariñeiros sen soldo. Realizaron grandes correrías polo mundo e convertéronse en capitáns. Pero nunca se desvíncularon das súas raices.

Bartolomé pasou a servir na Armada Real del Mar Océano, onde adquiriu un amplio coñecemento naútico. E Gonzalo especializouse en arquitectura naval.

Sempre perteneceron a cofradía do Corpo Santo e o seu prestixio en Pontevedra nunca deixou de medrar ante as súas enormes fazañas. Conseguiron que o 8 de xuño de 1602 o gobernador e capitán xeral de Galicia, Luis Carrillo de Toledo, determine que o servizo de levas de mar quede a cargo dos vicarios (os que mandaban na Cofradía do Corpo Santo) sen intromisión da xustiza ou o regalmento de Pontevedra. É dicir, que xulgban por sí mesmos a quen infrixía as leis.

Tamén atenderon a defensa frente ó invasor das costas galegas, reforzando a artillería. Pero, se por algo son recoñecidos é polo seu famoso viaxe austral. A ruta do estreito de Magallanes era moi perigosa e había sido case abandoada.

O encargo desta misión chegoulles do rei Felipe III e, para conseguir o éxito, deciden trasladarse a Lisboa e dirixir eles mesmes a construción de dúas carabelas: Nosa Señora de Atocha e Nosa Señora do Bo Suceso Fanse cunha tripulación de 40 homes e cargan víveres para 10 meses. Zarpan do porto de Lisboa o 27 de setembro de 1618.

A viaxe tivo unha duración de 9 meses e medio e conseguiron importantes observacións. Cumpriron a misión de verificar a existencia do novo paso interoceánico entre o Atlántico e o Pacífico (o estreito de Le Maire), que fora descuberto dous anos antes pola expedición holandesa de Le Maire y Schouten.

Realizaron o recoñecemento cartográfico máis preciso da época, lograron circunnavegar por primera vez a Terra de Fogo e descubriron unhas illas que bautizaron coma Diego Ramírez, o cosmógrafo da expedición. As dúas islas principais do archipélago, hoxe pertencentes a Chile, recibiron o nome de Bartolomé e Gonzalo e a canle de unha milla de ancho entre elas coñécese coma Nodales. Por suposto, tamén hai un islote de nome Pontevedra.

Incluso os pontevedreses desembarcaron nunha praia que chamaron do Bo Suceso e entraron en contacto cós nativos. Non podedes imaxinar a riqueza de datos e o valor dos mapas desta viaxe para delinear o terriotorio.

Ó regreso desta gran xesta recibiron grandes recoñecementos; por exemplo, Bartolomé foi elevado á nobreza. Os restos destes ilustres mariñeiros reposan na Basílica de Santa María A Maior e a súa memoria está recollida na sala dos navegantes do Museo de Pontevedra.

En 1621, publicouse en Madrid a Relación da viaxe. O libro reditóuse no último terzo del s. XVIII e pode consultarse na Biblioteca do Museo. No seu interior atopamos a triunfal carta de navegación manuscrita polos irmáns Nodal.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.